Home
Peep Show
Barnes and Noble
Peep Show
Current price: $12.00
Barnes and Noble
Peep Show
Current price: $12.00
Size: OS
Loading Inventory...
*Product information may vary - to confirm product availability, pricing, shipping and return information please contact Barnes and Noble
A tentación de sentirnos obxectos, obxecto de desexo. A necesidade de someter á outra, ao outro, ou de someternos nós mesmos, aos demais e ás nosas propias ansias. A atracción fatal por escapulirnos do imperio da razón, para caer nas marxes. Ceder ás tentacións máis libidinosas e penetrar no prohibido. Porque, ás veces, a utopía da felicidade semella realizarse cando podemos abrir as portas pechas, cando somos honestos cos nosos instintos e cedemos á práctica de praceres insólitos.
Que é o que nos excita? A intimidade allea, o reality show, o peep show, o voyeurismo? A acción que deseña Jacobo Paz sitúanos na diverxencia dunha percepción entre morbosa e divertida. O estilo sumamente áxil dos diálogos e a construción de situacións rocambolescas son ingredientes fundamentais da obra que nos ofrece esta nova voz da dramaturxia galega contemporánea. Unha dramaturxia que non renuncia á creación de ficción, de personaxes e de acción, recollendo con mestría os procedementos tradicionais da forma dramática, pero que achega unha inmediatez e un estilo moi directo e desenfadado próximo ao do medio televisivo. Sen dúbida, Jacobo Paz, sabe xogar coa forma dramática e consegue algo que non é nada doado: entreter, divertir, abraiar. Eis o teatro como peep show e nós como cómplices dilectos.
Do prólogo de Afonso Becerra de Becerreá